Taboada é un veterán entroideiro molesto porque cré que houbo tongo na votación do Rei do Entroido
08 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Antonio Taboada di que despois de haber conseguido a máxima puntuación polo xurado do Rei do Entroido de Ourense o pasado domingo, non pudo selo por un apaño feito despois polo propio xurado. Este home ía vestido cun traxe rosa de moito voo na comparsa Troula de Estrelas .
-A ver, dígame por que está tan seguro de que no xurado houbo un apaño que trocou a primeira votación por escrito.
-Entre os membros dese xurado atopábase unha amiga da miña comparsa. Por ela sei que o xurado cos seus cinco membros daba unha puntuación do un ó dez a cada traxe. A suma dos puntos dábame a min como gañador, de feito para min houbo tres deces e dous noves. Pero un membro, Paco Gallego, dixo seica que non estaba dacordo, que outro mozo tería que gañar porque polo visto era habitual na noite ourensá, que saía máis dunha noite. Sei que entrou Vidal e lles dixo que tiveran coidado co que estaba xa escrito, pois xa apuntaran os puntos polos que eu gañaba. Paco comeulle a cabeza ó resto do xurado e acabou facendo que votaran de novo a man alzada cambiando os resultados.
-Se esto realmente foi así, vaia.
-Paco Gallego cambiou a acta e gañou o outro rapaz. A pitada do público na Praza Maior foi xeral. Gañei eu e Gallego pediu outra votación e quería reflectir na acta que fora por unanimidade cando non todos votaron dese xeito.
-¿E como o leva?
-Pois molesto porque non houbo nese xurado ninguén do Concello alí. ¿Para que dan entón puntos do un ó dez? Non me parece normal que Paco Gallego estea ano tras ano aí presentando comparsas, vestidos... porque é parcialidade. Que cambien o criterio para o ano e que non dea lugar a estas tonterías.
-Por certo Antonio, ¿como viu o entroido de Ourense este ano?
-Penso que perdeu. Botouse en falta a carpa na praza do Correxidor e máis charangas polas rúas. E hai que darlle un tirón de orellas ó Concello por intentar meter o desfile pola rúa Colón cando as carrozas non cabían. O meu vestido xa tiña 4,5 metros de diámetro...
-¡Menuda peza!
-Pesaba 117 kilos, eu levaba unha perruca de 70 centímetros de alta e unhas plataformas de 40 centímetros de tacón. O vestido levaba tres capas de tela, en total 55 metros cadrados e 50 metros de cola collidos por 27 persoas. A cola facía zigzag e no medio ían 22 bailaríns. Do vestido, que tiña unha estrutura circular de madeira apoiada en rodas, tiraban cunhas cordas dúas persoas ou tres para evitar que se deslizara pola pendente da Praza Maior.
-Pero o martes houbo mellor sorte...
-Gañamos o primeiro premio na Valenzá.
-¿Como financiaron tanto espectáculo?
-Eu paguei todo o meu vestido e o resto fixéronse a medida por Conchita Amorín e usáronse en aluguer, con volta á deseñadora.