«Queremos ver como se pode utilizar todo o Seminario»

Jesús Manuel García

OURENSE

Feijoo estrenou onte o seu cargo como responsable do centro educativo superior que é o corazón da diócese

02 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Xunto co resto de profesores, o novo rector fixo o xuramento sobre o libro do Evanxeo e na presenza do obispo. Desde que monseñor Quinteiro Fiuza nomeouno para o cargo, o pasado mes de xullo, José Ángel, que deixou a delegación de Cáritas, é home sinxelo e asequible. Tivo que comezar a coñecer máis a fondo unha institución que é o xérmolo da diócese nada menos. Onte foi o día de iniciar todos xuntos unha nova aventura, a do saber, na que como dixo o bispo, trátase de que os rapaces reciban unha formación humana, espiritual, intelectual, pastoral e comunitaria.

-¿Como comeza vostede esta nova etapa?

-Pois facerse cargo do Seminario é unha gran responsabilidade porque en calquera diócese o Seminario é o corazón pois nel fórmanse todos os cregos e que é o futuro da nosa diócese. Nese sentido acepto este cargo con moita responsabilidade e ó mesmo tempo tamén con moita ilusión, saber que esto non depende somentes das nosas habilidades senon sobre todo da axuda de Deus. E se o bispo pediume apostar por esta responsabilidade, o que hai é que pedirlle axuda a Deus, poñer o mellor de nós, moita ilusión e moitas gañas de traballar.

-¿Con cantos seminaristas contan neste curso?

-Agora no Mayor hai 23 alumnos, dez son de segundo de Bachillerato e 13 son de Estudos Eclesiásticos.

-¿Algunha novidade para o novo ano académico?

-Como tal non hai. Aquí insistiremos no que xa se viña insistindo todos estes anos que, se cabe, polas circunstancias da sociedade en que vivimos son máis complexas e cecais unha maior preparación intelectual e humana, que é moi importante para os cregos na sociedade onde se van desenvolver.

-O Seminario é realmente hoxe un centro superior de rango universitario.

-Esta casa é centro filial á Universidade Pontificia de Salamanca. Eso significa que os nosos alumnos cando acaban de estudar aquí teñen a licenciatura como calquer rapaz que estude na Universidade e despois xa temos un claustro de profesores, penso que moi preparados. Hai varios doctores cos súa tese feita e os demáis, como mínimo, son todos licenciados nas distintas especialidades. Publicamos unha revista, Auriensia , que espalla os artigos científicos dos profesores.

-O Seminario Mayor de Ourense é un edificio enorme. Tan grande é que haino que aproveitar mellor. Por sorte nel teñen cabida outros centros sendo o máis recente, o Centro Técnico de Conservación do Patrimonio. ¿Que máis prevén facer?

-Esas son cousas que sempre se barallan e certamente queremos intentar ver como se pode utilizar todo o edificio e incluso a finca que posee o Seminario; intentar ver que podemos facer. Pero todo esto é algo que vai máis aló do Seminario, son asuntos que dependen da diócese, do bispo e neso se está.