«Un pobo que canta é moito máis culto»

OURENSE

O instituto Blanco Amor da capital é escenario hoxe do certamen internacional de rondallas e corales. Xosé Antón Vázquez Casas é o director do da Ponte

20 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai ó redor de catro anos que Xosé Antón Vázquez Casas asumiu a dirección da rondalla Alecrín de A Ponte. O seu fronte tenta dignificar a música. Con experiencia en varias formacións similares na provincia animouse a tomar as rendas de Alecrín. -¿Como foi a súa chegada a Alecrín? -Hai ó redor de dous anos que mo propuseron a través de persoas coñecidas. Cando cheguei cantábase a 1 e 2 voces e agora faise a tres. Os instrumentistas tamén cantaban e agora so tocan. -A rondalla conta con 30 persoas, ¿é difícil atopar xente disposta a involucrarse? -Ao longo destes anos houbo xente xoven que tivo que deixalo para ir a universidade e xente maior que a falta de tempo para ensaiar tivo que deixalo. Porque facemos dous ensaios xerais á semana e para unha persoa que traballa costa moito. Ten que gostarte moito a música. -A súa faceta tamén de compositor nótase nos temas. -O ter que adaptar os temas a tres voces é harmonizar, porque hai letra que cambian. É bo que ademais de temas populares e clásico haxa temas propios porque así a rondalla ten as súas peculiaridades. Ir alternando cousas é bo para a creatividade. -¿Como ve a situación das formacións musicais en Ourense? -Hai que facer un chamamento ás institucións para que invirtan máis e axuden. Sen apoios económicos as rondallas acaban morrendo, porque teñen que pagar ao director, e pagar unhas cuotas que as veces non poden soster. Ademais é bo que poidan saír para poder intercambiar as súas impresións con outras corais. Se se mira a outras comunidades o apoio é moito maior, porque tamén se percibe que as rondallas e as corais son un bo lugar para a xente maior. Non é que sexan exclusivas para eles, pero é unha forma diferente de poder pasar o tempo libre e ademais supón unha forma de relacionarse e comunicarse cos demais. Dalgunha maneira é como invertir na calidade de vida. Os xubilados son o sector que mellor pode compatibilizar o tempo. -¿Hai na cidade lugares onde actuar? -As asociacións fórmanse normalmente en asociacións de veciños e parroquias, deberíanse potencia ás asociacións para que puideran formar os seus propios coros e que a xente cantara música popular, as nosas cantigas. Así ademais axudaría a conservar a nosa cultura. Un pobo que canta é un pobo máis culto. No canto non hai xente negada, sen oído, porque cantar sabemos todos. Ademais na nosa rondalla hai xentes de todas as opcións políticas e de pensamentos diferente e iso tamén é moi bo para traballar na tolerancia.