Entrevista | José Manuel Baltar Blanco O diputado autonómico sinala que socialistas e nacionalistas souberon rentabilizar a súa presenza no bipartito e recoñece que se perderon alcaldías que non consideraban ameazadas
31 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?s resultados do 27-M encenderon tódalas alarmas no PP. Logo de días de análise e xuntanzas permanentes, onte mesmo se xuntaban os populares en Ourense para estudar os resultados, o PP afronta unha nova etapa que será vital para o seu futuro. -¿Contaban cuns resultados como os acadados o pasado domingo? -As expectativas que tiñamos eran outras tanto na cidade como na provincia. Está claro que o obxectivo prioritario era manter Ourense, aínda que era difícil, e tratar de manter o que había na provincia. Na cidade había moi boas expectativas e gañouse en tódolas mesas, mais iso non foi suficiente. A perda de Ourense non entraba nas nosas previsións tal e como se desenvolveu a campaña. Iso é o que agora se está a analizar. Na provincia perdemos alcaldías que non contabamos que perigrasen. -E noutras quedaron ó límite da derrota. -Xinzo, donde agardabamos unha boa subida, Barbadás ou Cartelle son exemplos diso, pero tamén se perderon concelleiros en lugares con amplas maiorías -Nogueira, A Merca, Xunqueira de Ambía, de Espadanedo, etc-. -Ata en Esgos, donde vostede é concelleiro. -PSOE e BNG rentabilizaron a súa presenza no bipartito e en Esgos os nacionalistas aumentaron a súa representación. Nós perdimos dous concelleiros. -¿Cantos concelleiros perderon na provincia? -Nós perdimos 13.000 votos, no conxunto da provincia, con respecto a 2003. En concelleiros pasamos dos 587 daquela ós 502 destas municipais, é decir, perdimos 85 concelleiros. As alcaldías que perdimos, unhas 20 alcaldías nas que en 16 ou 17 tiñamos maioría absoluta, non se viron compensadas coas gañadas aínda que unha delas sexa unha praza importante -Verín, Porqueira e Baltar-. E, xa o dixen, a perda de Ourense marca un punto e aparte nesta valoración. Seguimos con representación en tódolos concellos, mentras o PSOE non está en 7 e o BNG en 23. -¿A solución do PP de Ourense pasa por unha renovación? -A solución é moi complexa e nela inflúen moitos aspectos. Hoxe mesmo -por onte- temos unha xuntanza para analizar os resultados. A renovación sen máis non chega, como se ve nalgúns casos -Cortegada ou Parada do Sil- que se diron nestas municipais.