«Temos un proxecto moderado, lonxe do caciquismo»

La Voz

OURENSE

CANDIDATO DO PARTIDO GALEGUISTA

24 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Chámome Antonio Troitiño López, estou casado, son pai de Óscar, de 10 anos, e de Laura, de 8. Nacín hai 40 anos en Chantada, tituleime como enxeñeiro técnico en Explotacións Agropecuarias na Universidade Politécnica de Madrid e dende hai 25 anos son inspector de Calidade. Os meus primeiros cargos de representación foron como presidente da asociación nacional de inspectores de consumo, representante sindical da UGT en Ourense na función pública do Estado e membro da Asociación de Veciños da Ponte. Fun concelleiro entre os anos 1991-1995 e 1999-2003. Porque estou namorado de Ourense, e penso que o proxecto do Partido Galeguista é un proxecto de ilusión e de futuro baseado na moderación e no diálogo, tan lonxe do caciquismo coma do sucursalismo de Madrid e o radicalismo separatista. Porque somos o único partido político que propón un novo trazado para o tren de alta velocidade soterrando a estación da Ponte, gañando espazos libres. Porque temos un programa específico para a atención domiciliaria dos nosos maiores que lles permite seguir vivindo no seu domicilio. Porque somos os únicos que se comprometen na construción de vivendas sociais para os máis necesitados. Os demais propoñen vivendas para os que gañan máis de 2,5 veces o salario mínimo. Porque estou absolutamente identificado cos nosos barrios. Porque queremos unha cidade por riba da subordinación.