Entrevista | Pablo Sanmartín A páxina www.fatimaourense.com naceu como un servizo dirixido á xente maior ou enferma. Hoxe recibe visitas dende todos os recantos da aldea global
10 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?ai catro anos que a fe e as novas tecnoloxías camiñan xuntas, gracias a iniciativa pioneira de dos mozos ourensáns. Aínda estudaban Informática cando puxeron en marcha a páxina web fatimaourense.com, co obxectivo de achegarlle á xente maior ou enferma a novena da Virxe de Fátima a través do ordenador. Dous anos despois, Pablo Sanmartín e Xavier Nóvoa constituían Xastá, unha empresa de servizos informáticos que continuou a labor sen ánimo de lucro iniciada na parroquia. -¿Como nace a idea da páxina web? -A parroquia tiña a necesidade de achegarse á xente maior ou enferma ou que por vivir lonxe do barrio do Couto non se podía desprazar ó templo. -Ademais da novena, ¿que servizos ofrece a páxina web? -Emite todo o día, así que pódense seguir as misas. Cando non hai, unha webcam instalada no campanario amosa unha panorámica do barrio do Couto. Temos tamén galería fotográfica, correo electrónico e mesmo un chat onde a xente pode deixar as súas impresións. Hai xente, sobre todo de fóra, que deixa oracións que logo son lidas polo párroco. Ademais hai un servizo de información onde constan os horarios do templo, os das misas e toda a información que pode ser útil ós fieis. -Este ano, ademais destes servizos, a páxina presenta unha novidade -Este ano, por primeira vez, retransmitimos en directo a procesión. Neste momento podemos asegurar que se poderá seguir o percorrido da imaxe polas rúas Ervedelo e Progreso; estamos concretando máis cousas, para achegarnos o máis posible á Catedral, pero esas dúas rúas son seguras. -A web naceu de xeito altruísta para axudar a que xente con problemas de mobilidade puidera seguir a novena, pero estase a converter case nun fenómeno de masas. -Dende o día catro de maio ata hoxe recibimos cento vinte mil visitas. Hai moita xente de fóra, de Panamá, Arxentina ou México. Xente emigrada á que lle fai moita ilusión poder asistir á novena. -Supoño que ademais das cuestións relativas á fe, esta iniciativa dará lugar a moitas anécdotas. -Pois si... o outro día, por exemplo, foron á igrexa uns escolares da cidade e os seus pais comentáronnos vía mail que puideran ver ós seus fillos a través de internet. especialmente a algún un tanto hiperactivo que non paraba quieto.