«Hai que aumentar a participación cidadá na vida pública»

La Voz

OURENSE

CANDIDATO DEL BNG DE RIBADAVIA

09 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Nacín e vivo desde fai vinte anos en Santo André de Camporredondo, no Concello de Ribadavia, onde temos a honra de albergar o Museo do Viño de Galicia. Na vida trato de cultivar as miñas aficcións, como a historia, son licenciado e profesor de Historia desde fai dous anos e agora estou dando clase no colexio público no que estudei, no Tomás de Lemos. Gústame viaxar e aprender linguas estranxeiras, ademais de participar de forma activa no movemento social da vila e axudar tamén no coidado dos viñedos familiares. ?orque a comarca do Ribeiro é unha terra moi rica, non hai máis que fixarse no inmenso patrimonio cultural e histórico que saíu da riqueza que se obtiña da terra. Hai uns recursos, tanto naturais como humanos, que nos deben pór de novo no lugar que nos corresponde, para ser un referente cultural, social e económico e eu quero formar parte dese traballo. Pretendo impulsar no noso programa electoral o traballo que xa fixo o BNG no Concello de Ribadavia nestes últimos anos e promocionar unha empresa municipal de vivenda, o Plan Xeral de Ordenación Municipal e a posta en marcha dun plan estratéxico para o turismo e o viño. Ademais hai que conseguir aumentar a participación cidadá na vida pública, contando cos veciños na redacción dos orzamentos e outros proxectos e pedir o respecto para o medio ambiente que demanda a propia cidadanía na actualidade.