«O servizo postal público no rural está en perigo»

Pepe Seoane OURENSE

OURENSE

Entrevista | Francisco Domínguez Martínez O sindicato CC. OO. recorre aos tribunais en contra da normativa que facilita a entrada dos operadores privados para utilizar a rede pública de Correos

02 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? sección postal da federación de comunicación e transporte de CC. OO. ten iniciada una campaña «en defensa do futuro de Correos», unha empresa pública á que lle ven pouco futuro de seguir o iniciado camiño da privatización parcial dos servizos. -Aínda que nada teña que ver unha cousa coa outra, despois da crise dos selos, que deixou perdas a moita xente polo caso de Fórum e Afinsa, agora veñen vostedes poñendo en dúbida a Correos. Mal andan o asunto, ¿non? -Nunca vimos as cousas tan mal como agora, esa é a verdade. -¿É un problema de carácter laboral? -Si e non. É laboral polas repercusións que pode ter nos empregados, pero fundamentalmente é un problema de servizos, que en Ourense terá unha dimensión maior, pola dispersión da poboación e polo efecto que terá o recorte de servizos. -¿Cómo é iso? -A entrada dos operadores privados, que poden utilizar a rede da empresa pública nos tramos que consideren máis rendibles, pon en perigo o futuro de servizos como o reparto a domicilio, particularmente no medio rural. -¿Cantos traballadores ten Correos en Ourense? ¿Pensa que perigan os seus postos? -O cadro de persoal supera por pouco os cincocentos. A curto prazo pensamos que non existe perigo de regulación de emprego, pero a longo prazo iranse amortizando postos, sen que se renoven ou se creen máis postos. -Vostedes teñen recurrido nos tribunais o real decreto que desenvolve a ley postal de xullo de 1998, polo que todo está paralizado, ¿non? -Así é. A lei permite aos operadores privados a entrada na rede pública. Desde o sindicato recurrimos ao Tribunal Supremo contra do real decreto que en novembro pasado desenvolvía a aplicación da lei, e o tribunal admitíu o noso recurso. A verdade é que, dende entón, o asunto está parado. Non sabemos que pode pasar. -¿Que pretenden coas súas accións? -Por un lado, garantir o emprego para os miles de traballadores desta empresa; por outro, reclamar da administración que arbitre mecanismos para garantir a viabilidade do servizo de Correos, que, no caso concreto de Ourense, podería verse penalizado en aspectos como o do reparto domiciliario no medio rural. Se falla a financiación, os servizos máis deficitarios veranse resentidos, diso non temos dúbida.