Aforcarse

XOSÉ M. RODRÍGUEZ

OURENSE

QUE o tramo Dozón-Ourense non teña que pagar peaxe é unha formidable noticia, por máis que chegue envolta a xeito de regalo electoral para beneficiar a uns e perxudicar a outros á hora de colleitar simpatías e, o máis importante, votos contantes e soantes. A mágoa é constatar que xa ninguén nos vai librar de seguir pagando peaxe na AP-53 ata 2074 no tramo agora en servizo. Nin o farol de Pachi Vázquez cando estaba na Deputación decindo aquilo de: «Nós imos rescatar esa peaxe cando gobernemos».