Enseñanza

VÍCTOR VÁZQUEZ GULÍAS

OURENSE

DENDE O ORCELLÓN | O |

02 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

O ABANDONO do campo e unha realidade crúa, que está a xerar un forte despoboamento do rural, cun incremento considerable de xente na cidade de Ourense e nos seus arredores. A xente busca un soño fecundo que lle traia unha mellor calidade de vida e benestar pero iso e só parte dunha realidade ficticia, porque para acadar unha vivenda digna e un bo confort, hai que traballar dabondo, e aínda así o incremento das hipotecas afoga... por iso que agora é o tempo de voltar a nosa cativa aldea, e tempo de espremela cabeciña e comezar un proxecto que cinga o benestar, a familia e o traballo, e todo isto está no campo (cultivos extensivos, viñedos e adegas, invernadoiros, gandería extensiva, agroturismo...). A formación adecuada, o proxecto é a idea xa a temos, agora fáltanos algo moi importante: terra, superficie para traballar con parcelas de boas dimensións onde poidamos ser productivos. Ata agora esto foi unha gran lousa que impedía seguir o noso soño, pero nesta raiola de sol de primavera agromou unha vella frase galega «A terra e de quen a traballa». guliasvv@hotmail.com