Crónica | A contraprogramación do bipartito Quintana gaña a Pachi Vázquez no poder de convocatoria en Ourense
29 mar 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?or veces os socios do Executivo galego exercen de particulares escenificantes diso que a oposición se empeña en chamar a Xunta bicéfala ou as dúas faccións da Xunta de -o goberno socialista e o nacionalista-. Onde mellor se materializa este feito é na contraprogramación, que no caso de Ourense funciona coma un reloxo, e non coa hora peruana que lle impón Quintana a súa axenda. Ourense, 29 de marzo, 12.30 horas. Mesmo día, mesma cidade, mesma hora...e dúas citas institucionais do Executivo. Na Cámara de Comercio o vicepresidente da Xunta, ou Anxo Quintana que ven sendo o mesmo, presentaba as Accións de desenvolvemento industrial e xeración de emprego en Ourense e área metropolitana. E, simultaneamente, Pachi Vázquez daba a coñecer o anteproxecto do que será o Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia. O alcalde e o conselleiro Conscientes do que se xogaban, socialistas e nacionalistas chamaron a filas ós seus correxilionarios, pasando a converterse militantes, candidatos, concelleiros e alcaldes -e no segundo caso persoal de Medio Ambiente- nos principais figurantes das convocatorias. Quintana conseguiu unha lixeira ventaxa en canto a axentes sociais, cos presidentes da CEO e da Cámara, empresarios de postín e outros asistentes. Pola contra, Pachi Vázquez marcouse o tanto de contar co alcalde na súa presentación. Enrique Nóvoa, que acudiu acompañado de Pepe Araújo, fai da súa condición de «home do pobo» un dos alicerces da súa campaña, e seguindo ese código de comportamento non podía faltar á cita co político que tivo a deferencia de ser o membro do Executivo galego que primeiro o recibiu, ós poucos días da súa toma de posesión como alcalde, e lle brindou o seu apoio -o cal causou certo malestar nos socialistas da cidade-. Nóvoa tamén aproveitaba para tirarse unha espiña: acudía a un acto dun conselleiro do PSOE no mesmo esceario ó que non foi invitado por Teresa Táboas para presentar as viviendas da Rúa do Vilar.