O proxecto da aldea turística de Saa incluirá entre as súas instalacións unha sauna celta

La Voz LA VOZ | OURENSE

OURENSE

17 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Na clausura do seminario que en Vilar de Santos estívose desenvolvendo sobre as aldeas turísticas na Europa de hoxe, deixouse claro que no caso local de Saa os obxectivos fixados pasan por facer unha intervención arquitectónica innovadora e respectuosa, que sexa punto de oferta turística totalmente diferente ao que existe no resto da comarca e diversificar a oferta dentro da propia aldea. Esta aldea está sendo reconstruida e recuperada para usos turísticos, para que o territorio dipoña dunha oferta turística ben diferenciada cun punto de calidade que poda servir de elemento dinamizador de toda a zona. Aloxamentos Dentro da aldea haberá aloxamentos, unha cantina-restaurante, unha sauna celta, un taller artesanal e unha recepción con tenda de produtos agroalimentarios da zona na que se asenta, A Limia. Xunto con esto manterase a conservación dos elementos singulares como forno comunal exterior, as fontes, a rúa circular en rocha viva, os peches en pedra das fincas, a canalización das augas sobrantes, as ruínas das casas orixinais e a vexetación entre outros elementos. Na xornada de onte Felipe Fernández, xerente de Nube Verde, empresa que levou a cabo a rehabilitación da outra alde turística limiá: Couso, en Sarreaus. Esta experiencia motivou unha batería de preguntas dos asistentes en relación a proxectos de maior envergadura tanto económica como polo groso do proxecto de rehabilitación e posta en marcha. Este seminario estivo clausurado polo director xeral de Turismo, coa presenza do delegado de Innovación e Industria, o alcalde de Vilar de Santos, outros membros da corporación municipal. Sumouse tamén a alcaldesa de A Bola, que é un dos concellos que xunto con Vilar de Santos, Rairiz de Veiga e Allariz forman parte da Reserva da biosfera Área de Allariz.