O estudo dun códice sobre Celanova gañou o Premio Manuel Iglesias

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

A vila celebrou a festa grande do seu patrón San Rosendo en pleno ano xubilar Hernández Figueiredo transcribiu a obra que fala de oito séculos de vida do mosteiro

01 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

. Así se titula a investigación feita por José Ramón Hernández Figueiredo que recolleu onte o Premio Manuel Iglesias Grande, no día da festa de San Rosendo, en pleno ano xubilar. Un traballo, que nos leva ao século XVII. «Foi un século de ouro no que houbo douscentos escritores e máis de mil obras, algunhas inéditas», dixo o premiado. Este seu traballo recolle a edición do libro de Frei Benito de la Cueva, no que narra a historia do mosteiro celanovés desde o século X ata o XVII. Destaca a transcrición do manuscrito de 470 folios numerados e a cuidadosa edición presentada, con notas e índices feitos por Figueiredo. «Na transcrición axudáronme os meus alumnos seminaristas, baixo a miña supervisión, porque son moitos folios para unha soa persoa», engadiu o xoven investigador, que recolleu o galardón que consta de 1.500 euros, unha placa e a publicación do traballo que contribuirá ao coñecemento da historia do mosteiro que é como decir, a historia de Celanova. Hernández Figueiredo atopou o manuscrito de De la Cueva na biblioteca das Escuelas Pías de Madrid. É, polo tanto, un códice inédito. «A pesares das inexactitudes cronolóxicas que presenta, merece a pena editalo», engadiu a profesora de Historia Medieval na Universidade de Vigo, Mercedes Durany. O arzobispo de Oviedo, Carlos Osoro, fixo unha semblanza de Manuel Iglesias e non dubidou en ler en galego. «Coa morte de don Manuel perdimos algo noso», dixo, engadindo que nese crego, irmán do actual párroco, Cesáreo Iglesias, casaban ben as facetas de crego e home de cultura. Este acto cultural desenvolveuse despois da espléndida ceremonia solemne na festa do santo fundador de Celanova. Presidiuna o Nuncio da Santa Sede en España, Manuel Monteiro, e con el concelebraron o bispo de Ourense, Luis Quinteiro; o arzobispo metropolitano de Oviedo, monseñor Osoro Sierra, e máis de trinta cregos entre os que había unha representación de Santo Tirso (Portugal), terra de nacemento de San Rosendo, cuxos osos repousan en Celanova. Monteiro animou a seguir o exemplo de Rosendo cunha «fe valiente y confianza ilimitada en el Señor como él tuvo». Cantou a Coral Solpor ben acompañada ao órgano por unha profesora do Cidade de Antioquía de Xinzo. «É unha alegría celebrar a memoria dun home do millor da Igrexa», sinalou o vicario de Santo Tirso, Manuel Torres.