ANACOS | O |

13 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

NESTA provincia tan necesitada de xente que aposte polas súas riquezas naturais e as súas potencialidades que un proxecto como o de Cabreiroá estea de celebracións e que conmemore o seu centenario é unha marabillosa e gratificante nova. O seu máximo responsable, Ignacio Rivera, lembraba onte que non foron comezos fáciles os de facerse cargo dun proxecto como este -que pasou das súas épocas de apoxeo, festas e días de esplendor ó abandono e ó funcionamento da súa planta embotelladora en precario- mais os resultados avalan o risco e a aposta estratéxica por o sector da agua en Galicia e competindo coas marcas máis potentes e prestixiosas do mundo. Desde Ourense, desde Verín, desde ese pequeno anaco de ceo que no seu día puxo en marcha José García Barbón e que hoxe resiste e mira cara a novos tempos de esplendor no século XXI, Cabreiroá, hai un grupo de xente que sabe facer as cousas con sentimento, cumprindo coas máis estrictas normativas en materia de medio ambiente e seguridade, poñendo como bandeira o a fachenda de ser unha agua galega e cun deseño de vangarda. E iso debería facernos ver que hai moitas outras Cabreiroás na provincia, con instalacións balnearias e recursos naturais -obviamente non para competir no mercado da agua envasada- que poden crear riqueza e desenvolvemento. Con sorte, e co desexo de que así sexa, chegará o día en que a escultura de Santiago Ramón y Cajal estará de novo acompañada deses «agüistas» que se convertirán nos herdeiros daqueles clientes de hai cen anos, e que serán os que darán contan das magníficas experiencias e inesquencibles días pasados nas instalacións do seu hotel. O reto de convertir o vello hotel nun moderno establecemento, e non só un abandoado balneario ideal para rodaxes cinematográficas, marcará o camiño do segundo centenario.