Para a Xunta non é prioritario o proxecto para O Couto

La Voz

OURENSE

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, asegurou onte que o debate acerca de ceder ou non os terreos de O Couto para facer neles o edificio administrativo da Xunta para Ourense é unha polémica sen sentido. Según Quintana «o Goberno galego non considera neste momentos unha prioridade o proxecto para O Couto que tiña o anterior Goberno. Parece inapropiado e, polo tanto, é unha cuestión que hoxendía non está sobre o tapete. Daquela non hai nada sobre iso».