«A meta final é a terceira república»

Miguel Ascón Belver
Miguel Ascón O BARCO

OURENSE

ASCÓN

Entrevista | Félix García Yáñez

22 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? semana pasada presentouse en O Barco o Ateneo Republicano Valdeorrés, a primeira entidade deste tipo na comarca. Esta asociación máis cultural que política, empezou a dar os seus primeiros pasos con 57 socios e no mes de decembro consolidará o seu programa de actividades. -¿Por que se decidiu crear o ateneo? -En Valdeorras non hai ningunha entidade claramente progresista e as que hai están moi mediatizadas. Tamén influíu a convocatoria do Ano da Memoria xa que había un sentemento de que se estaba tratando desde un punto de vista moi nacionalista en Valdeorras. Entón plantexámosnos recuperar a memoria do republicanismo, pero tamén cun proxecto de espallar os principios republicanos e de esquerdas para acabar chegando á terceira república. A nosa meta final é a terceira república, meta moi lonxana pero non imposible. -¿Que proxectos ten o colectivo? -A corto prazo, queremos conmemorar o 14 de abril cunha cea, colocar bandeiras, etcétera. Queremos tamén facer unhas xornadas previas de debate sobre a memoria. Ademais temos previsto facer un boletín do ateneo que non se ciña só ó pasado, senón que este tamén aberto ó futuro. Estará aberto a todo, sempre desde un punto de vista progresista. -¿Que opinión ten da situación política e cultural da comarca? -Non queremos substituír ós partidos políticos. Si queremos incidir na vida política e cultural da bisbarra, pero non substituír. Aínda que estou moi alonxado o que me parece é que a situación política é moi confusa. Unha gran proporción dos votantes poderían transvasarse dun partido a outro sen problema. Culturalmente vexo que está todo moi institucionalizado. As asociacións só funcionan se teñen subvencións e entón están moi mediatizadas.