01 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
OS alumnos do Otero Pedrayo fixeron no seu día un traballo para amosar a nosa responsabilidade no tsunami. E tiñámola. Agora, das palabras de Somaly Man, chega a nós o horror do drama das mulleres de Asia e a esclavitude do século XXI. Que rapazas con menos de cinco anos sexan vendidas para exercer a prostitución indica que esta sociedade mal chamada do benestar non é máis que unha terrible farsa artellada sobre a explotación, de calquera tipo, duns poucos sobre a grande maioría. E todos somos responsables.