Crónica | Encontro do vicepresidente da Xunta cos enfermeiros ourensáns O político recibiu a distinción do colexio profesional e recoñeceu que «é un traballo ó que voltarei antes ou despois»
11 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.?gora que os arxentinos das clases de tango ós turistas aproveitando o verán austral habería que resolver un dilema: ¿se 20 anos non son nada 25 que son, un chisco máis que nada? Sexa como fora do que non hai dúbida e que as vodas de prata son a disculpa perfecta para todo -para recasarse, para xubilarse (o que poda) ou para dar a volta ó mundo, por exemplo- e o Colexio de Enfermería de Ourense elexiu a festa do seu patrón para entregar a insignia de ouro ós compañeiros xubilados no presente ano e para distinguir coa de prata ós traballadores que celebran os seus 25 anos como profesionais de Enfermería. E, entre estes últimos, estaba un antigo enfermeiro de Nefroloxía que hoxendía é Vicepresidente da Xunta: Anxo Quintana. O máximo responsable político de Galicia pola viaxe de Touriño a Arxentina, chegou ó encontro cos seus compañeiros de profesión coa certeza de que voltaba ás súas orixes. Entre posicionamentos encol do convenio suscrito coas caixas de aforro para crear centros de atención ós maiores e as chamadas á unidade de Núñez Feijóo polo AVE, Anxo Quintana lembrou que «este é un momento moi entrañable porque ademais de ser diplomado en Enfermería quero facer ostentación de selo e este é un momento clave para a profesión se somos capaces de regular a carreira docente. Do que non cabe dúbida é de que a política é algo provisional e aquí estou no seo da miña familia laboral, e o de enfermeiro é un traballo ó que voltarei antes ou despois». Compromiso A presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, aproveitou a presencia de Quintana para felicitalo publicamente polo cargo e, ó mesmo tempo, reclamoulle «o teu compromiso personal e político» para facer realidade a carreira profesional de Enfermería «o antes posible». Quintana, que exerceu como enfermeiro entre 1981 e 1989 antes de acceder á alcaldía de Allariz, asegurou que todo o seu esforzo personal e político estará encamiñado «a ese compromiso porque creo que é algo que nos merecemos todas e todos os profesionais».