Entrevista | Óscar Gómez MÚSICO DE BANDE
10 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.? xoven de Bande, Óscar Gómez, acompañou onte á Orquesta Sinfónica de Galicia na súa actuación no auditorio da capital, como clarinete. Óscar Gómez comenzou a súa carreira musical aos oito anos. Enseguida formou parte da banda municipal de Bande e actualmente actúa na banda da capital ourensana. Toca o clarinete dende hai 15 anos e na actualidade ten 26. Máis da metade dunha vida -¿Que supón para vostede ter a oportunidade de actuar xunto á Sinfónica? -Está moi ben. Acompañar á Sinfónica é un luxo. Formeime na orquesta xove en A Coruña. De vez en cando lévanme aos seus concertos. Creo que está moi ben participar e según penso é a mellor orquesta de España, aínda que a pena é que nela hai únicamente un galego. -¿Foi unha responsabilidade engadida o de actuar en Ourense, na súa casa? -Non. Está moi ben tocar na casa. -¿Cal é a súa relación coa Sinfónica? -Estiven nunha escola, nunha orquesta xove que teñen. Agora xa non estou, pero eles de vez en cando, cando necesitan a alguén, chámanme. Hai tres clarinetes na plantilla da orquesta e fai falla un máis. No mes de marzo vai a haber probas para entrar na orquesta. Probarei a ver se hai sorte. -Vostede toca na banda municipal de Ourense, ¿como ve o futuro? -Está difícil porque hai moita competencia e poucas plazas e un nivel moi alto. Cada vez hai máis xente e mellor formada. No clarinete e donde hai más competencia. -Defíname o que supón para un xoven tocar nunha banda. -É o primeiro paso na formación dun músico e a mín paréceme moi importante. Aprendes a tocar en conxunto, algo que non aprendes soamente nun conservatorio. O peor é que en Ourense as banda municipais non están consideradas. Utilízanos nos pasacalles e logo non nos acompañan nos concertos.