Un cura sabio e santo

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

01 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Coñecín a don Amando Arauxo Iglesias, cando marcharan os xesuitas e foi nomeado párroco de Santa Eufemia polo bispo Blanco Nájera. Era o irmán do que logo sería bispo de Mondoñedo-Ferrol, don Miguel. Il era máis vello. Finou onte con 89 anos. Levaba xa un tempo delicado de saúde. A última vez que estiven na súa casa olleino desmelloradísimo. Ollou para min con un sorriso, como decindo: «Manolo, esto acábase...». Don Amando foi profesor do Seminario Maior denantes de vir para Santa Eufemia, onde conseguíu a praza de párroco por concurso. Santa Eufemia era unha parroquia pioneira na liturxia, nos movementos da Acción Católica. Don Amando era un crego de carácter forte, máis bondadoso e sabio. Exemplar. O bispo Temiño mandouno a Roma para se perfeccionar na liturxia e cando veu de volta, o bispo puxera de párroco a Rodríguez Portugal. Don Amando seguiu como crego e foise máis tarde para Mondoñedo-Ferrol, cando fixeron a don Miguel bispo daquela diócese. Xa de volta, cando don Miguel se xubilara, atopeino saindo do bispado de Ourense. «¿Qué fai vostede eiquí?», preguntéille. Díxome que o chamara monseñor Temiño para lle ofrecer un cargo. Don Amando respostoulle: «Quero Santa Eufemia», nun xesto de xusta, e digna, reivindicación. Era home temperamental, máis sabio e santo. Hoxe será levado ás catro e media cara a Manchica, a súa parroquia. A don Miguel e a tódolos seus familiares, meu pesar sinxelo. Teño bágoas no corazón, cando escrebo.Gracias don Amando polo servicio prestado á igrexa, que somos todos. Deus llo terá en conta para ben. Descanse na paz do Señor.