Unha conta saldada

OURENSE

SANTI M. AMIL

Crónica | Distinción arraiana O candidato galego ó premio Nobel recolleu o Dolmen de Prata, un galardón que lle foi otorgado en agosto de 1992 e que nunca lle chegara a ser entregado

14 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? Concello de Muíños saldou onte unha vella conta pendente: a entrega do Dolmen de Prata a Xosé Luís Méndez Ferrín. E non foi sen tempo, xa que o calendario sinalaba o 26 de agosto de 1992 cando por iniciativa do concelleiro Lino Perdiz Álvarez o Concello de Muíños acordaba crear un premio institucional que tivese como motivo os dolmens do municipio e ratificaba, por unanimidade, que o primeiro destes galardóns lle fose entregado a Xosé Luís Méndez Ferrín pola súa defensa das terras da raia e polas referencias incluidas en Arraianos. A corporación que preside na actualidad Plácido Álvarez acordou no seu día, a instancia do nacionalista Manuel González, superar o episodio pendente e facer público de novo o recoñecemento a Xosé Luís Méndez Ferrín -o colectivo Fontefría entregaralle no seu día ó escritor unha insignia porque daquela o dolmen de prata aínda non estaba creado- e facer unha homenaxe moito máis completa. Fuxir da morte Desde Muíños se contactou con Ferrín para comunicarlle a intención de adicarlle unha rúa do municipio. O autor de Con pólvora e magnolias declinou o ofrecemento: «Díxonos que para el era un honor que pensaramos tal cousa e que o aceptaría gostoso, mais que xa habería tempo cando xa non estea, non en vida», como lembraba onte Manuel González. Na casa de cultura, case 14 anos despois de serlle concedido, Ferrín recibiu o galardón acompañado pola lectura de pasaxes de Arraianos e o Himno do Antergo Reino de Galicia.