DENDE O ORCELLÓN | O |
14 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.DENDE o Carballiño, a miña vila natal parece que todo se ve mellor, cecais porque a ausencia de néboa faime ver as cousas mais claras, mentres outros dáselles por falar e falar..., e repítese o mesmo conto de sempre, importámonos mais polo estatut que pola realidade da nosa provincia. Para iso eu vou propor aquí e agora que os nosos representantes políticos, teñan un pouco de tempo para collelo coche e mergullarse no mais abismal da nosa provincia (suxírolles que e en vez dei r pola Autovía vaian pola vella...), e alí ollarán toda a realidade dos nosos pobos e das nosas xentes, seguro que poderán todos traballar mellor na procura de erguer esta terra aurífera. Xa ela de riqueza en materias primas e tamén de patrimonio. Desta forma, seguro que sacarán ideas para construír un mellor futuro de tódolos ourensáns. Aínda que realidade agora non é así, e seguimos vendo cada vez máis fentos, e cada vez máis abandono, ademáis da negrura dos nosos montes queimados, que mesmo semellan o chapapote do Prestige .