? bo rollo do festival é o que ten. Que os actores van de mantel en mantel e non lles dá tempo a chegar ao cine. No primeiro pase de Aislados non había moito ambiente, así que o equipo con Adriá Collado á cabeza anduvo reclutando xente entre a xuventude do centro comercial Ponte Vella. A operación non foi mal de todo. O problema foi que os artistiñas, Pepe Sancho , Diana Lázaro , Irene Visedo , chegaron lixeiramente tarde porque viñan de cear e alguén decidiu esperar por eles sen consulta ao público. Imanol Arias disculpouse por todos con sinceridade «es que el pescado era muy grande y no daba acabado». Que llo conten a quen comeu un bocata a toda velocidade para poder chegar a tan trascendental película de colegueo e asistir a ese espectáculo dos actores comportándoseexactamente como farían na súa casa.