«É cuestión de estar atento. Tiven sorte»

OURENSE

Entrevista | Santi M. Amil

01 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Santi M. Amil recibiu a pasada fin de semana o premio de Galicia en Foco. Foto del Año 2005, en Ferrol. Xunto ao seu traballo atopábanse instantáneas dos mellores fotoperiodistas galegos. -¿Por que decidiu presentar a foto gañadora ao certame? -Non o tiña craro dende o principio. Pero despois pereceume que a caída de Baltar representaba dalgunha maneira a caída do PP. Ademáis da trascendencia parecíame unha foto simpática. -¿Como recorda o momento de captar a imaxe? -Escabullinme do resto dos fotógrafos acreditados, quería facer unha fotografía distinta ó do resto. O da caída de Baltar foi algo accidental. Hai que estar atento. Tiven sorte. Tamén pareceume interesante, ademáis do tropezo, a reacción que tivo Manuel Fraga. En realidade, mentres o resto ríase, el foi o único que tivo reflexos e tentou de axudar.