Poder económico

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

BALCÓN DE MOREIRAS | O |

13 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

DECÍAMOS onte que os nacionalistas cataláns non contan co respaldo popular para reforma-lo Estatut. Cataluña sempre foi o de «Barcelona es bona si la bolsa sona». Cando eu traballaba na Oprin, cos cataláns, ao falar de negocios expresábanse nun castelán que nin os de Valladolid. Os nacionalistas vascos pensan -os que pensan, claro- na independencia, lonxe de España. Cataluña, ata de agora, non. Pois ós que lles dan os beneficios as súas empresas, son os españois. Agora a Caixa faille unha OPA a Endesa. O noso nacionalismo non ten poder económico. Caixanova absorveu a Caixa Ourense -¡aquela si que foi unha OPA hostil!- agora, moito teatro, moita música... E como dixera don Francisco de Quevedo: «Ninguén ofrece tanto como o que non vai cumplir». E con música, teatro e exposicións... non se promociona a Ourense. ¿Por qué non se fusionan Caixanova e Caixa Galicia?. Eí escomenzaríamos co noso poder económico. Máis seguimos con «minifundios». E así nos vai..., a todos: nacionalistas ou non.