TEMAS DEL PAÍS | O |
30 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.QUE pra ser un concello cativo é coñecido dende hai unha morea de anos pola presenza do seu alcalde nas páxinas dos sornáis. A derradeira co gallo da inauguración dunha ponte sen accesos, sen arcadas, sen río..., sen ponte. Vilamartín de Valdeorras e mailo señor Candal, protagonista. Tráfico de influenzas, prevaricación, negociacións prohibidas ós funcionarios..., pero, señor alcalde, se ten o sangue tan frío coma pra enzoufar ó seu xenro e á súa neta e ficar tan pancho, polo menos deixe de emporcalla-lo nome do seu Concello, e o máis grave ás sabendas de que tralas súas pegadas anda o xefe da oposición, con nome de artistiña dunha novela de aventuras, o tal Deramond coma se fora o Coiote tralo Correcaminos. E agora que se acoso mediático, que se conspiración sectaria, que se persecución xudicial. Cale señor alcalde, que istes nin caguiñas nin coitados, modere a verba, fágalle caso ó fillo, bo procesalista, que coma siga, dálle que dálle, aínda vaille caer algunha por desacato.