En dos minutos | Sergio Pérez Conde NATURÓPATA
23 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.?caba de editarse a segunda edición de «La medicina naturista integral», o libro, asegura o seu autor, Sergio Pérez, que «xamais debeu ser preciso escribir». -¿Por que? -Por que só hai unha clave: darnos conta de que todos vimos a este mundo cun libro de instruccións; se descubrimos a existencia dese libro, aí están rexistradas todas as pautas do camiño da saúde. -Supoño que co seu libro tamén quere avanzar nese camiño. -Eu tento encontrar a verdade sobre as causas reais das enfermidades. A forma de vida que estamos levando é antinatural, establecida sempre pola ciencia. Eu penso que, se ben a ciencia é necesaria, igual que a medicina científica, para sobrevivir nesta forma de vida antinatural, non obra en pro da saúde xa que non cura as enfermidades, senón que trata de acomodar ao enfermo ao seu estado de falla de saúde. -¿Cales son as súas claves para lograr unha boa saúde? -Non quero dicirlle á xente que é o que ten que facer, senón que quero que ela por si mesma descubra esa forma de vida natural. A natureza é autosuficiente e a que nos proporciona toda a saúde. A ciencia é a que xenera todas as enfermidades; hai que deixar de consumir os produtos científicos, todo aquelo que está elaborado polo ser humano. -¿Que comemos, entón? -Hai moito que comer; aí está o problema: descoñecemos o que debemos comer e só comemos o que nos ensinaron a comer. Todas as enfermidades comezan sempre polo aparello dixestivo, hai que empezar por normalizar as súas funcións.