ANACOS | O |
18 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.CALQUERA lector que repare hoxe con deteñemento na lectura dos xornais coincidirá en que unha boa parte dos artigos de opinión que neles aparecen fan unha reflexión sobre a importancia da festa da democracia que supón calquera cita electoral e o deber moral dos cidadáns de ser protagonistas da mesma. A verdadeira importancia do 19-X, como o de calquera outra xornada electoral, radica no feito mesmo de que o cidadán é quen escribe a historia do seu país e do que será o seu futuro, ou o de outros que teñen relación con el como cidadáns dun espacio común -como está a acontecer en Europa nestas semanas logo do ser rexeitado o refrendo en Francia e Holanda-. Calquera opción política que escolla o elector é a boa, a mellor de todas, a que marcará o futuro de Ourense e de Galicia. Así ten que ser porque para iso loitaron moitos outros antes ca nós para que ninguén pensase por eles. Por iso se vota, para empezar a escribir o futuro próximo de todos nós con responsabilidade e con ledicia.