Mudar para permanecer

OURENSE

ANACOS | O |

09 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

OURENSE é o paradigma daquilo que ninguén quere que lle aconteza -como ese alumno froxo que sabe que lle van caer uns cantos suspensos por máis que soñe con que non sexa así-. Mais esta situación non acontece porque a provincia estea enmeigada, parece que ten máis que ver co pasotismo e o individualismo endémico que temos desde sempre. As cousas cambian para seguir como están. E senón non hai máis que mirar ós empresarios: o presidente da patronal seica vai optar a un novo mandato porque llo piden as asociacións. Mirando as declaracións do presidente que aspira a sucederse a si mesmo, na páxina seguinte, o que máis chama a atención é a morea de contradicións que se observan na actitude de quen iso afirmaba hai pouco máis de dous anos e medio. Con ser significativo non é máis que un exemplo dunha realidade que afecta á provincia: o inmortalizarse nos cargos e nas responsabilidades sen deixar que entren novas ideas e alternativas que favorezan o progreso. Quizás teña razón Suárez Canal (páxina 7) cando di que o atraso de Ourense lle senta ben a uns poucos.