TEMAS DO PAÍS | O |
22 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.NOS últimos tempos acontece que a realidade nos sacode do soño placenteiro da comodidade. O pasado luns o Sergas pechou as urxencias do Nai porque non podía atender a máis pacientes e, ademais, os dous Hospitais estaban colapsados e con moita xente nos corredores. A decisión de pechar urxencias obriga a preguntar: ¿Será tan difícil prever que, en pleno inverno, as condicións climatolóxicas poden provocar que un número importante de persoas, dunha idade e cunhas patoloxías determinadas, teñan necesidade de atención hospitalaria? ¿Que puido ter pasado se se presentan nun servizo de urxencias pechado dous ou tres feridos graves dun accidente de tráfico, ou simplesmente afectados dunha enfermidade grave. ¿Non está previsto que poida haber un accidente de tráfico no que estexa implicado un bus de corenta ou cincuenta pasaxeiros? Supoño que a moita xente o acontecido lle ten causado preocupación. A realidade moitas veces pón en evidencia o discurso triunfalista de quen nos goberna e pretende convencernos de que vivimos no país de Alicia e as mil marabillas.