«Non coñecemos as linguas prerromanas»

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

PILI PROL

En dos minutos | Carlos Búa Núñez

06 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

O profesor Carlos Búa participou onte no simposio arqueolóxico dedicado ao Xocas e falou de epigrafía e relixión na cultura castrexa. É autor dunha tese sobre os deuses prerromanos no occidente da Península Ibérica. -¿Como se atopa o estudo dos deuses daquela xente antes da chegada dos romanos? -Non coñecemos as linguas que se falaban antes de que chegaran os romanos, só hai inscricións en latín. A nosa información sacámola de nomes. Temos moitos de persoas e lugares e moitos nomes de deuses, algo particular da parte occidental da penísnula onde temos 600 iscripcións con nomes de deuses. -¿Cal teñen documentado en Ourense? -Na cidade, na zona das Burgas temos unha dedicatoria ao deus Reve Anabaraico que nos pode informar do lugar. É probable que esa zona se chamara antes de vir os romanos, Anabara. É un dato marabilloso. En Rairiz de Veiga temos outra dedicatoria ao deus Bandu Vegebraego, derivado de Vegebris, topónimo du lugar de aló. -¿Como lle afectou ao panteón castrexo o choque coa cultura romana? -Non é que teñamos un coñecemento desa relixións prerromanas senón que temos elementos que se conservaron ou adaptaron ao mundo romano. Esas 600 inscricións de deuses parecen moitas pero non son tantas. -¿Nos poboados castrexos tiñan todos os mesmos deuses ou non? -Hai tres deuses exclusivos da franxa occidental, entre os galaicos e os lusitanos: Bandue, Reve e a deusa Naviae, con nomes en dativo porque non coñecemos o nominativo, caso distinto é o deus Cosus. -Vostede como lingüista clásico que é ¿como ve desde Alemania a investigación en Galicia? -No campo que eu coñezo en Galicia non hai nada. Temos a Servando Lois que tamén fai unha tese sobre nomes de persoas indíxenas, temos ao profesor Juan José Moralejo, bo coñecedor do mundo prerromano e Almírcal Guerra, na Universidade de Lisboa, que coñece ben a nosa toponimia antiga. A pesares de que o tema do celtismo é tan discutido, tan presente e tan importante resulta que prácticamente non hai un experto que poda falar dese mundo como lingua. Hai expertos arqueólogos pero non lingüistas dese campo.