Última hora
Zapatero pide un aplazamiento de su declaración por la «complejidad» del sumario

Linda

FXOSÉ CARLOS CANEIRO

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

06 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

AURIA bonita, cariño, pola presente reclamo: que este sol acariñe as almas dos torturados polo fracaso, tristeza, soidade, envexa, odio, desamor, miseria. Que siga encontrando no mencer, agora que me levanto cando antes me deitaba, as luces que tantas veces faltan. Que os políticos rían de verdade, en camaradería sana, e non para pedir votos dende as fotografías profidén. Que non existan máis Valeos na provincia. Que ganen os que sempre perden. Que os médicos prescriban toneladas de risa para soportar a tensión arterial, o colesterol, os vértigos pronos e supinos (que deben ser os vértigos das alturas), a demencia, a impotencia, a insolencia. Que me quieras, Neruda, como yo te quiero. Que a literatura sexa a de Márquez ( Memoria de mis putas tristes ), e non a dos príncipes e princesas que contan historias de mamás felices ou batallitas de Trafalgar. Que insista e exista o entusiasmo para sobrevivir. Que no me quiten el bar de la esquina (dice Joaquín). Que a melancolía dure menos, casi nada, o tempo necesario para escribir que éramos tan felices (e que aínda o somos, chaval). Que se besen, que se besen, que se besen (o virrei, Cabezas, Palmou, López Veiga, Cuíña). Auria bonita, cariño, nace o sol. Oito da mañá. Estás tan linda.