O grupo Marcelo Macías

LUIS MARTINEZ-RISCO DAVIÑA

OURENSE

CALPURNIA | O |

28 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

HABERÁ quen non acredite no seu labor e quen considere que o seu traballo non ten importancia, mais aquel que teña un mínimo de sensibilidade, non só estética senón que tamén pola potencialidade económica da provincia, saberá recoñecer o traballo minucioso e calado que dende anos está a realizar o grupo Marcelo Macías. Dignos herdeiros daquela Comisión Provincial de Monumentos artífice de que nos anos da preguerra, a civil española, Ourense fose considerada a Atenas de Galicia. Acaban de reeditar en catro idiomas, co apoio de Caixa Galicia (o que è de agradecer) o seu estudo da Santa Cristina de Ribas de Sil, o que permite divulgar no ámbito académico internacional a riqueza patrimonial da nosa provincia. Unha riqueza da que sempre presumimos, mais que semella temamos usar por se agotamos un filón que aínda non fomos quen de explorar nas súas máis mínimas potencialidades. Deles poderían aprender os responsabeis de pechar paradores coa desculpa da invernía. Que pouco coñecen a fermosura desta terra. Mais ese é outro falar.