ANACOS | O |
11 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.NA cima do antigo monte comunal que hoxe é a prantación de viñedo da Cooperativa do Ribeiro en San Cibrao encetou onte, de xeito simbólico, a primeira colleita do que será o futuro Tostado de Costeira. Con ser unha data para lembrar e un marco incomparable que nin creado para esta ocasión histórica o verdadeiramente importante é que ¡ ¡ POR FIN ! ! se vai recuperar un viño que estaba desde hai anos condeado a ser case que un vestixio arqueolóxico ou un mito da tradición oral. Todos aludían ao que era aquel antigo e preciado viño que se reservaba nas casas para os acontecementos singulares e cada un tiña memoria de como se facía antigamente na familia, máis só quedan/ban artesáns coa mestría dos orfebres que o seguían elaborando -raros e contados casos, mais aí estaban. Que o destino e a mellor da sorte llo pague- ese exquisito viño. Daquela primeira tentativa de José María Fonseca en Terras Gaudas -que diu a degustar en Santo André hai anos- pasamos á marabillosa realidade de que seis adegas do Ribeiro están a recuperar o tostado. Que sexa para sempre.