BALCÓN DE MOREIRAS
01 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.ESTIVEN en Madrid no hotel Anaco, do arquitecto ourensán Juan Rodríguez de la Cruz, «Sani», onde acougo fai máis de trinta anos, cando fora a visitar a Adolfo Suárez, que era director de Televisión Española. Da primeira, pois non había outra. No seu despacho de Prado del Rey tiven ocasión de coñecelo gracias á mediación do amigo Antonio M. Matais. Pedínlle, na conversa que tivemos, que transmitira en directo o noso evento da cantiga lixeira, desde o Xardín do Posío. Suárez logo de escoitarme _eu falo moito e si é en defensa de Ourense, máis_ díxome amablemente que si. Foi unha postal do Ourense esquecido cara toda España, e chegaron centos de telegramas de paisanos nosos espallados pola pel de touro. Entereime que Suárez está doente _Deus, cando dá, non é migalleiro_ e desexo que mellore. O Montejurra 76 é outra historia. A min quédame o Suárez encantador de serpes. ¡Que te mellores e graciñas por aquela transmisión deliciosa! P.D. O mércores 25 de agosto, un policía local, ás seis do serán, fronte á Torre de Ourense, está a mascar chicle. Chámolle a atención educadamente mais non fai caso algún.