DIARIO DE AURIA | O |
28 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.HOUBO un tempo no que dediquei tempo e ilusión ao estudio de Borges. Preguntábame como un home que profesou credos de esquerda -escribiu Los salmos rojos - puido acabar defendendo posturas contrarias e, incluso, reaccionarias. El aseguraba que se convertera nun escéptico. Se Borges vivise en Ourense ese escepticismo aumentaría. En Ourense, a esquerda oficial ten de xefe de filas a Pachi Vázquez, un socialista que agora demanda informes públicos, de contas públicas, públicamente. Preguntámonos por que non o fixo antes, por que tanta alharaca mediática, por que ese empeño en erixirse en «Yo soy la Justicia» (Pachi y la Justicia, qué gran ironía). Pero está no seu dereito. Borges escribiu El informe de Brodie . No fondo, o relato, é unha reflexion sobre a orde moral da sociedade. En Auria esa orde moral resúmese nun longo silencio, o do Partido Socialista Obrero Español. Pachi e o Pesoe de Ourense son a mesma cousa. O Pesoe pide informes, e non Pachi. O Pesoe é o cazador que quere cazar a Rubín: por iso calan os militantes, concelleiros, deputados (todos contigo, Pachi). Se Borges levantase a cabeza, ai, acabaría dando mítines con Baltar.