CALPURNIA | O |
06 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.CON CERTEZA que os actos oficias que se realizarán o vindeiro 17 de maio,coa presenza de académicos e autoridades, encherán as páxinas de cultura de todos os xornais. O Ourense oficial poderá presumir de ser, unha vez máis, o epicentro do que emana a cultura galaica. Que sería da nosa Galiza sen o labor dos intelectuais de Auria? Mais, a pesares da pompa e do oropel que todo acto académico de prestixio leva implícito, non acadará a dimensión do Correlingua. Actividade na que se implican a practica totalidade das equipas de normalización lingüística dos centros escolares do país. Onte a Praza Maior foi tomada por perto de 2.500 alumnos procedentes de colexios e institutos da provincia, mobilizados por un único obxectivo: a defensa e dignificación do noso idioma. E cada nova edición, a pesares das dificuldades coas que se atopa o noso idioma para normalizar o seu uso en ámbetos estrictamente non oficiais e/ou académicos, o compromiso de pequenas empresas apoiando esta iniciativa, permite albiscar unha esperanza de futuro para esta lingua milenaria.