Valderrama y Ourense

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

BALCÓN DE MOREIRAS | O |

14 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O NOSO Ourense foi de sempre moi aficionado á copla. Ao cante jondo... Lembro ainda, pola Semana Santa ourensán, a aquil Pencas que dende o espolón da Praza Mayor soltáballe aquelas saetas á Virxe na procesión dos Caladiños que só él rachaba o silencio da noite ourensá... As «raiñas» da copla -que non da mal chamada canción española-: Juanita Reina, Lola Flores na Bilbaína con Manolo Caracol, ¡xa choveu...!; Antonio Molina ou Angelillo coa filla de Juan Simón... E, claro, Juanito Valderrama. A iste grande do cante que remata de finar escoitéino por última vez no desaparecido Teatro Losada e, como escomenzara un pouco frío, un entendido dende a delanteira do teatro soltoulle: «Juanito, que no estamos en provincia; estamos en Ourense...». E Valderrama colleu o guante e volcouse nunhas tarantas e nunhas seguidillas que puxeron ao público en pé. Se os dátiles do guitarrista facían falar as cordas, a gorxa de Juanito Valderrama cegaba á fondura dise cante medio andaluz e medio moro -con perdón, hoxe-- que ergue o sentimento e fai palpitar os corazóns. Finou..., Valderrama.