«Os cregos non me fan caso»

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

SANTI M. AMIL

Entrevista | Xosé Ramón Estévez COENGO DA CATEDRAL E PREFECTO DE MÚSICA

08 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Mentras Falamos con Xosé Ramón Estévez, en Madrid soaba o seu Ave María , peza case inédita deste crego que tamén é quen máis sabe na diócese sobre o demo. _¿Cómo foi a historia desta selección? _Foi a única escollida para representar a Galicia. É un Ave María en galego para tres voces mixtas con órgano que compuxen nos meus comezos. A Sociedade Coral de Bilbao contoume que ían cantar na Ecarnación en Madrid. Tiñan unha peza de cada zona de España salvo de Galicia. Elixiron a miña _¿Que tal andamos de música na catedral? _Nomearonme prefecto de música e delegado do bispo na diócese. Fracasei en ámbolos dous eidos. _¿Cómo di? _Na diócese os cregos non me fan caso. Os responsables deixanse non me piden asesoramento. Din que cantan o que lle vai á xente e non o desexable. E en canto á catedral a antiga capela de música non existe. Habería que pensar nunha forza nova. Eu xa non teño ganas. Fai falta un encargado da música da catedral e, de paso, montar un coriño dependendo dela, de laicos ou quen sexa que se comprometan, debidamente remunerados e instruidos. Hoxe, nos coros parroquiais, en xeral, andan moi froxos tanto os directores como os cantores. Non se escollen ben as pezas. Haino que decir. _Vostede escribe sobre o demo. _Falase pouco. Sorprendeume este consumo internacional, ás veces explícito, coas sectas satánicas. E os cregos en Babia, despistados co fenómeno do demo. O tema é misterioso. Está ben que haxa un exorcista nas dióceses. Aquí non temos. Os cregos vellos somos exorcistas porque recibiamos esa orden menor, ligada ó permiso do bispo. Das posesións o que se me fai duro de crer é por que Deus o permite. A teoloxía e os exorcistas di que o demo xamais pode privarte a liberdade interna, íntima. Haberá un día no que forzas misterioras podan ser explicadas pero hoxe hai casos rarísimos.