O homenaxe a Nieves Conde

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

15 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

DEFENDO día tras día, como poseso, que o gran patrimonio desta provincia é a cultura. Velaquí a súa riqueza, o seu fondo de inversión no futuro, o tecido industrial que nos falta. Este ano o festival de cine, que segue pecando no venial (los centuriones, la alfombra roja, la etiqueta), homenaxeou a José Antonio Nieves Conde. Estas cousas, que pasan desapercibidas, resultan transcendentes e conmovedoras. Nieves Conde é un dos grandes cineastas da historia do cine español e ten no seu haber, din os que saben de cine, a dirección de tres títulos imprescindibles: El inquilino, Los peces rojos, Surcos . Un home relacionado por vínculos familiares e persoais con Ourense capital e con Ourense provincia. Puxéronlle unha rúa. Emocionouse. Emocionámonos. E son estas emocións as que realmente unen e abrazan. As emocións as que nos atan a nós mesmos. O festival debe atarse á emoción de representar a Nós (con maiúscula). Esquecer lexionarios e alfombrillas e etiquetas. Deste modo, cada ano que pase, crecerá en vigor e alma. Contar con Nieves Conde é un acto de grandeza. Alégrame que o noso festival teña ambición. Y al glamur... que le den por saco.