Entrevista | Carlos Gómez Salgado
02 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Agosto deixou certa inquietude no colectivo Civitas Limicorum xa que os organizadores do Esquecemento de Xinzo presentaron a súa demisión. Seu responsable, Carlos Gómez, atopouse o luns cunha reunión veciñal sorpresa. A inquietude produciuse ó botar en falta axuda económica municipal, entre outras cousas, o que xa motivou unha reacción verbal do alcalde, Isaac Vila. -¿Que pasou? -Eu viña de Toledo e fun convocado a unha reunión que non esperaba e que para todos nós foi unha gran sorpresa. Houbo moita xente que nos pediu que seguiramos. Eu pedinlle á xente que dera un paso ó frente para formar un novo equipo organizador e apuntáronse vinte persoas. Eles poñen como condición para seguir organizando a festa que esteamos nós dentro. -E ben ¿que van facer vostedes? -Estaremos detrás do Esquecemento, non queremos que desapareza. Non estaos por perder a festa. se sale unha nova coordenadora cun presidente diferente, ben e no caso contrario, nós teremos que ser positivos. -¿Por que decidiron demitir? -Porque nos atopamos con tres atrancos. -A ver, conte. -O Concello tense que implicar máis a pesares de que colaborou en infraestructuras pero está lonxe de atoparse á altura das circunstancias. Logo temos a hostelería, pois só se implicaron quince establecementos dos 150 da vila. O esquecemento supón un nivel de negocio importante para eles. -¿E en terceiro lugar? -Pois a cidadanía de Xinzo e da zona. -¿Como ven os limiaos esta festa? -Teñense que mollar máis e o mesmo a asociación Civitas Limicorum. Somentese traballemos unhos poucos.