Dos condes de Ribadavia a Río Bravo

La Voz X.M.R. | OURENSE

OURENSE

SANTI M. AMIL

A compañía Chévere transformou o auditorio do castelo dos Sarmiento nun «salón do (nor) Oeste» Un total de 120 espectadores pagaron entrada sabendo que non terían asento

23 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?unca tal imaxinaron os condes de Ribadavia. No castelo da nobre linaxe dos Sarmiento desembarcaron uns bárbaros de Compostela que transformaron a fortaleza nun salón do Oeste. E tal aconteceu cando os actores Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Marcos Ptt Carballido e os músicos Xacobe Martínez e Ramón Orencio López, ou sexa os Chévere, acudiron á Mostra coa súa montaxe Río Bravo 02. Unha comedia musical na que os xestos, os sons e o excelente traballo dos actores transportou ó público ós escearios de Río Bravo, un lonxano «lugar do (nor) Oeste» no que todo é o que parece e donde os estereotipos do lonxano oeste serven para crear unha divertida montaxe que ten na complicidade dos espectadores unha das súas principais bazas. Polo auditorio do castelo circularon bandidos disparatados -algún deles que nin chegou a coñecer á súa nai «porque morreu antes de que eu nacera»-, xuices destemidos -como o maxistrado Calzón-, algún sheriff con aires de John Wayne, un axudante acomplexado polo seu pasado e ata unha muller fatal -que como mandan os cánones tiña que ser cantante do salón de Río Bravo-. Chévere esta conseguindo, como quedou patente en Ribadavia, que a súa nova entrega sobre Río Bravo sexa un espectáculo divertido que consigue enganchar ós espectadores desde a primeira escea. Asitencia masiva A presencia de Chévere desbordou á Mostra. No auditorio hai 800 cadeiras e vendéronse 920 entradas. 120 espectadores mercaron entrada para ver a Chévere aínda sabendo que non terían donde sentarse.