18 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
?lonxado desde hai anos da política activa, encabezou como independente as listas do PSOE no Carballiño a comezos dos 80 -cando arrasaba Marnotes-, Fernández non ten atrancos á hora de abordar este tema. Segundo el «a provincia de Ourense seguirá sendo a cola de todo porque o PP en Ourense é como o PRI, está en todo e contamínao todo». «Boto de menos máis osíxeno e formación no PP». No PSOE «o que se observa é que hai máis unha política de caciquiños e de sectores que de verdadeiro compromiso coa provincia. Ourense é, no seu conxunto, de esquerdas. O que falta é un pacto global en beneficio da provincia, non un quítate ti para poñerme eu».