DIARIO DE AURIA | O |

07 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DENDE que o goberno de aquí, oséase, el gallego, concedeu a medalla de ouro a Cascos, non consigo durmir. Quero, pero imposible. Chegan os seus dedos aos meus labios, como nun soño erótico, e un arrepío de excitación electrifica o meu corpo. Soño con Cascos e nada, nin ninguén, consegue arrebatarme a súa imaxe galopando os meus insomnios. Cascos merece a medalla, tamén, de Ourense, que para eso paseó por nuestras calles. Espero que o goberno municipal estudie esta proposta. Non, o virrei non creo que o faga. El virrey está con el pueblo, y el pueblo no está con Cascos. Pero en Santiago son distintos. Predican unha máxima que sempre dá resultado: «caña al mono». E o mono somos Nós. Cuánta más caña, más os queremos. Por eso nombrarán a De Mesa jefazo de la Guardia Civil. Eso, caña al mono. Este país e esta provincia teñen instinto suicida. Un poquito nada más. Parece unha ironía, pero a nós sálvanos o virrei e a súa boina. Los caciques están con el pueblo. Y no con las jerarquías, o con los señoritos, o con los escenarios del poder, donde colocar una medalla de oro es simplemente una bofetada. Al pueblo, señor Fraga Iribarne, al pueblo.