«O que máis me doería sería decepcionar á xente de Rubiá»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos O BARCO

OURENSE

LOUXA

O cabeza de lista fuxe dos protagonismos e márcase como meta conquerir a execución do parque industrial en A Lameira e o parque natural de A Lastra

17 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

?lías Rodríguez Núñez ten 37 años, está solteiro, é técnico do servicio de Recaudación da Diputación de Ourense e leva case que oito anos coma edil. A Elías, fillo de Elías Rodríguez, que perante 17 anos foi alcalde de Rubiá, eso da política non lle soa raro. Non recorda cando se meteu no PP ou dende cando colabora. -¿Cal é o seu obxetivo?, supoño que devolverlle a alcaldía o PP -Por suposto que traballaremos todos en acadar os millores resultados, pero recuperar a alcaldía non é o importante, senón o que implica, que é poder desenvolver un proxecto no que creemos. -¿Qué fará por Rubiá? -Fai catro anos tiñamos un programa que aínda hoxe segue vixente. Hai moitas cousas máis por facer, pero hay catro obxetivos principais. Conquerir o parque industrial en A Lameira, impulsar o parque natural de A Lastra; facer un verán culturalque remate como cóas festas de San Bartolo, facer realidade o proxecto de vivendas sociais e construir unha residencia de anciáns. -¿Vai haber renovación na lista?. ¿Van levar desta mulleres nos postos de saída? -A lista xa está casi, a teño na cabeza, pero falta concretar algunhas cousas. Entre os cinco primeiros postos da lista temos a posibilidade de que vaian dúas ou tres mulleres. Non podo decir máis. -Haberá quen crea que con vostede empeza unha saga familiar. ¿Qué lle dixeron na casa de todo isto? -Na casa nunca me puxeron impedimentos. Sempre me dixeron que fixera o que quixera que era decisión miña que elexise. -Nas anteriores eleccións xa apuntaba como candidato, pero parece ser que non quixo. ¿Porqué agora? -Eu nunca me pelexaría por ser candidato. Non teño ningún afán de protagonismo. Entendo esto como un grupo de xente que traballa por sacar adiante un proxecto. Na política participas, colabouras, pero a vida son máis cousas. Temos moita ilusión e teño un grupo de xente detrás moi válido. Non me importan os resultados o que máis me doería sería decepcionar á xente. Dende fai moito tempo a xente me propuña como candidato e chega un momento que te convencen. Fai catro anos xurdiu Antonio Núñez e eu crín que era millor para encabezar a lista e se seguise con vida pensaría o mesmo. A súa perda é algo que aínda non superamos. Deixóunos fundidos. A calidade humán que tiña era incuestionable. -¿Cómo lles marcou? -Foi un golpe terrible. Éramos unha piña. Creo que fixemos unha oposición constructiva, incluso buscamos subvencións para o arreglo de pistas, porque cremos que as obras son bóas para o pobo e estamos para colaborar. -¿Qué tal se leva co grupo de goberno? -Temos unha relación moi cordial. Antonio (o alcalde) e eu fomos xuntos a escola, xogamos ó fútbol, coñecémonos de toda a vida. -¿Qué lle gostaría facer si fose alcalde? -O embellecemento do municipio, recuperar as riberas dos ríos e o Patrimonio, areglar as plazas emblemáticas e potenciar o turismo rural.