«O noso máximo obxectivo é normalizar a vida cotián dos enfermos»

Mar Gil OURENSE

OURENSE

PILI PROL

A integración laboral é unha das metas que se fixan moitos dos pacientes atendidos neste servicio

03 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A curación é o obxectivo xeral da medicina. -¿Tamén neste hospital de día? -Se somos moi rigorosos cientificamente, a palabra curación non entra no noso vocabulario porque falamos de enfermidades crónicas, pero o que si buscamos é unha mellora sustancial. Un obxectivo moi importante neso é que os pacientes melloren na súa calidade de vida. O noso máximo obxectivo é a normalizar a vida cotián dos enfermos, que teñan as habilidades sociais suficientes para atenderse a si mesmos e, incluso, volver ó traballo. -Supoño que aí chocarán coa barreira do rexeitamento social. -Segue existindo un certo rexeitamento pero moito mentos do que foi. O traballo dos profesionais dos servicios mentais en todos estes anos foi contribuíndo a que a xente perdera aquela cousa, que era o medo. Medo a unha agresión, medo á posible actitude destas persoas. -¿É posible a integración laboral plena? -Estas persoas, a nivel de traballo, teñen que ser protexidas porque, ás veces, teñen deterioros cognitivos e moitas dificultades de todo tipo, o que impide que obteñan un rendemento laboral do 100%. Tamén é certo que a administración ten axudas ás empresas para a contratación de persoas con certas minusvalías. -¿Que papel xogan as familias? -Neste hospital de día tratamos ás familias moitísimo. Cada mes temos unha media de cincoenta ou sesenta entrevistas con familias de pacientes. -¿Son suficientes dezaoito prazas para toda a provincia? -Temos etapas nas que nos vemos desborados e, ás veces, temos unha pequena espera. Na actualidade levamos dende o verán sen lista de espera. Hai que pensar que a hospitalización parcial é un recurso terapéutico que se usa aínda pouco, malia que pode dar resultados estupendos. Por eso, como non hai excesiva demanda, ímonos arreglando coas dezaoito prazas que temos.