A mostra do fotógrafo iraní chega ó Museo Municipal gracias á colaboración coa Fundación La Caixa As imaxes son froito de oito anos de traballo en 28 paises
21 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O Outono Fotográfico chegará á cidade de Ourense, de forma oficial, o día 31. Pero para «facer boca» os amantes da fotografía terán a partires de hoxe un prolegómeno de auténtico e verdadeiro luxo: unha mostra co auténtico espíritu da prestixiosa axencia Magnum, a que leva a sinatura dun dos seus socios, o iraní Attar Abbas. Abbas. Visións do Islam é unha mostra promovida pola Fundación La Caixa e a Deputación de Málaga froito dos oito anos de traballo, de 1987 a 1994, desenvolvido por Abbas en 28 paises, de Xinjiang a Marrocos. En 99 fotografías, en clara referencia ós 99 epítetos de Alá, acompañadas de extractos de libros de viaxeiros históricos, amosase a revolución e a guerra, a vida cotidiá das cidades, o mundo da muller -especialmente castigadas polos fundamentalistas-, as protestas dos musulmáns europeos contra Salman Rushdie, as manifestacións a favor do chador e outros aspectos. Attar Abbas vive en París e é membro da prestixiosa agencia Magnum Photos, creada entre outros por Robert Capa e Cartier-Bresson, desde o ano 1981. Entre os anos 1970 e 1978 publicou en revistas internacionais imaxes sobre os conflictos políticos e sociais de paises como Chile, Suráfrica, Vietnam, Biafra e Bangladesh. De 1978 a 1980 cubriu a revolución iraní e o seu libro Irán, la Révolution Confisquée (Clérat, 1979) forzouno a un exilio voluntario de 17 anos. Caixa Galicia Ademáis no Outono tamén se poderá ver unha mostra que traerá Caixa Galicia sobre o traballo do desaparecido fotógrafo Luis Escobar.