O comenzo de curso foi bastante movido para Felipe Ferreiro. Trátrase do primeiro inicio de periodo lectivo que o delegado de Educación pasa no cargo e xa coñece a súa parte máis negativa: a oposición de pais e colectivos, que incluso ameazan con denuncia-lo. A pesar desto, asegura ter unha boa relación con todos. -Parece que ten na súa contra a algúns colectivos como Aspace. -Eu podo decir que, no que respecta a asociación Aspace, teño unha boa relación con eles, pero se queren collela co este delegado por cousas que eu non podo solucionar, que o fagan, pero non me gustaría. -¿Parécelle pouco motivo o feito de que os nenos con distintas minusvalías non se podan incorporar a escola porque Educación aínda non contratou os coidadores? -Ese é un problema dos presupostos da Consellería, que recollen que os contratos dos coidadores, que son persoal laboral, comenzen o día 15 de setembro. O adianto na data de comenzo de curso lectivo propiciou esta situación, pero esperamos que para o próximo ano se poda solucionar. De todas formar, ese non é un problema que poda solusionar o delegado, eu son o primeiro en lamentalo e pido disculpas a quen faga falta. Eu non podo contratar as persoas sen ter crédito. -Tampouco parece que se leva ben cos pais de alumnos do centro de Montederramo, que decidiron non mandar os fillos a escola. -Eu recibín a estes pais fai algúns meses e xa lles expliquei a realidade. Educación non pode poñer máis de un servicio de transporte para os nenos, e os de Montederramo xa teñen un gratuito a o centro escolar de Castro Caldelas, que é o que lles corresponde e no que teñen educación secundaria. O que pasa e que se hai pais que non queren ir a este centro e prefiren ir Maceda, nos non lles podemos pagar o transporte. -Eles aluden a que hai outros casos como este, de rapaces que no van o seu centro, e sí se lles paga o transporte escolar. -Non se poden poñer exemplos doutras zonas, porque a distribución de rapaces e centros está feita da mellor forma posible, para racionalizar os recursos. Neste caso non e posible poñer os alumnos outro transporte adicional. Os pais teñen direito a mandar os seus fillos onde queiran, pero nos non podemos pagarlles o autobús. -E eso está provocando que os nenos de Montederramo perdan clase. -O centro está aberto para aqueles que queiran acudir. Nos temos que ter rigor e non ceder porque se o facemos, mañá virán outros pais pedindo o mesmo e esto podría convertirse nun caos.