DIARIO DE AURIA
17 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O TITULAR do sábado era elocuente: «La falta de infraestructuras aleja al turismo de negocios». É como se quixeramos facer turismo de praia en Guadalajara. Aquí non hai turismo de negocios porque os negocios son asunto menor, etéreo. E as infraestrucutras, como sabemos todos, chegan tarde, mal e a rastras. Para iso temos a Pepe Cuíña, gran amigo de nuestro virrei y conseguidor de milloncejos para invertir a raudales en nuestra provincia inmaculada (por certo, ¿que é da señora Rodríguez, Inmaculada?, ¿existe, todavía?) Algún día han de facerme caso. Crearán riqueza en Auria a partir do seu patrimonio: a cultura. ¿Por que non montamos unha Universidade de verán que sexa referente para Galicia e España? ¿Por qué non facemos crecer as mostras de teatro e cinematográficas? ¿Por qué non lanzamos o festival de cine? ¿Por qué non insistimos: Auria é cultura? Iso é prestixiar a provincia de Ourense. Igual que a prestixian Adolfo Domínguez e Roberto Verino, ou Coren, ou os viños de calidade, ou a pizarra do Barco. Lo demás, cuentos chinos.