O Colexio de Arquitectos de Galicia en Ourense trae dúas exposicións sobre proxectos en Alemania e España A cidade de Ourense acollerá a partir do próximo luns dúas exposicións sobre arquitectura que chegarán á cidade gracias á colaboración entre Caixanova e a delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Ourense. As dúas mostras -«Expo Hannover 2000» e «V Premio de Arquitectura Julio Galán»- estarán abertas ó público desde o día 24 de xuño na zona de exposicións da aula de cultura de Caixanova en Ourense. Arquitectura alemana e española fronte a fronte.
20 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Unha das exposicións de referencia que percorre o Estado é Expo Hannover 2000, un proxecto encamiñado a dar a «coñecer a nova arquitectura xenerada con motivo desta exposición universal». A mostra recolle información sobre 21 edificios -entre eles os de España, Alemania, Holanda, Hungría e Xapón- plasmada en fotografías e planos que amosan algúns «dos edificios máis polémicos que se construiron nesta cidade alemana». As propostas incluidas na mostra ofrecen «unha reflexión sobre os contidos desta Exposición Universal e a evolución da arquitectura do noso tempo». A Exposición Universal de Hannover foi prantexada como un campo de experimentación para a arquitectura, abrindo unha nova era neste tipo de citas, ó concederlle os planificadores unha especial importancia á configuración da paisaxe, primando deste xeito nos 21 proxectos arquitectónicos «os procedimentos de construcción ecolóxicos e respetuosos cos recursos, empregando materiais o máis reutilizables posibles, con mesturas de materiais tan poco frecuentes como o corcho ou o papel». Premios Galán Carvajal A outra mostra que se poderá ver en Caixanova, tamén a partires do 24, é a que se corresponde coa quinta edición do Premio de Arquitectura Julio Galán Carvajal. Nesta edición concursaron proxectos desenvolvidos entre 1997 e 2000 en Castilla, León, Asturias e Galicia. O traballo gañador foi o proxecto de «piscina cuberta de Laracha».